A fisioterapia é, etimolóxicamente, o tratamento por medio de axentes naturais, tales como a electricidade, a vibración, o calor, o frío, o movemento, etc.

Fisioterapia

Osteopatía

En Santiago de Compostela

Travesía do Restollal, 1

O EQUIPO

Orlando Conde

Orlando Conde

Fisioterapeuta / Osteópata
Son diplomado en Fisioterapia pola Universidade da Coruña, promoción do 2000. Continuei estudos na Universidade de Santiago de Compostela cursando un Máster en Xerontoloxía durante dous anos, combinandoo xa co meu traballo como fisioterapeuta en hospital e mutuas de accidentes laborais. Comecei a interesarme cada vez máis pola arte manual do tratamento dos doentes, vendo que a aparataxe eléctrica non me convencía nos meus tratamentos por distintos motivos. Esta orientación manual levoume a adentrarme nos estudos de Osteopatía da Escola do Concepto Osteopático (E.C.O.) dirixida polo osteópata francés Roland Lorilleaux. Esta formación levoume 6 anos a Madrid dos que gardo un gran recordo, e comecei a ver o corpo humano dun xeito un tanto diferente.
ONDE ATOPARNOS

A CLÍNICA

Para calquera dúbida

CONTACTO